viernes, 27 de abril de 2018

OBRADOIRO DE AUTONOMÍA E HÁBITOS SAUDABLES


Obradoiro de Autonomía e Hábitos Saudables

Neste obradoiro traballamos diversas temáticas:
En primeiro lugar a autonomía, ensinándolles a preparar a súa roupa para vir ao cole, a mochila, gardar o pixama... Ademais, aprenderon a poñer o mandilón ao chegar ao colexio e colgar o seu abrigo no lugar correspondente.
Para iso elaborouse unha presentación e diversas actividades relacionadas coa mesma, como secuencias temporais e puzles, ademais das actividades interactivas.
No segundo trimestre traballouse a alimentación sana, cun conto sobre ela, unha presentación onde se mostran os alimentos saudables e os que non o son, a elaboración dunha pirámide alimenticia utilizando folletos dos supermercados e rematando coa elaboración de galletas saudables feitas con plátano, avena, froitos secos e chocolate negro.
Para rematar, traballaremos os hábitos saudables elaborando un xogo de Memory sobre este tema con tarxetas sobre o baño, o cepillado de dentes, o aseo diario…, actividades interactivas e dedicaremos unha sesión a facer o noso propio xabón. Tamén iniciarémonos na importancia de axudar na casa con actividades relacionadas con tarefas sinxelas, como poñer a mesa, facer a cama, recoller as nosas cousas…





MAKING FACES WITH FRUITS AND VEGETABLES

  ARTS AND CRAFTS : Watch the video