lunes, 3 de diciembre de 2018

domingo, 3 de junio de 2018

domingo, 6 de mayo de 2018

viernes, 4 de mayo de 2018

OBRADOIRO EMOCIÓNS E HHSS


Nesta sesión seguimos traballando a Tolerancia;  leemos o conto de “Topito Terremoto” de Anna Llenas e fixeron etiquetas poñendo o que mais lles gusta dos compañeiros que están sentados ao seu carón (esquerda e dereita). Na vindeira sesión seguiremos facendo actividades co persoñaxe de Topito e leeremos as etiquetas para que todos coñezan que cousas positivas ven os demáis neles ,  as colgaremos  nun tendal con pinzas no corcho.

viernes, 27 de abril de 2018

OBRADOIRO DE AUTONOMÍA E HÁBITOS SAUDABLES


Obradoiro de Autonomía e Hábitos Saudables

Neste obradoiro traballamos diversas temáticas:
En primeiro lugar a autonomía, ensinándolles a preparar a súa roupa para vir ao cole, a mochila, gardar o pixama... Ademais, aprenderon a poñer o mandilón ao chegar ao colexio e colgar o seu abrigo no lugar correspondente.
Para iso elaborouse unha presentación e diversas actividades relacionadas coa mesma, como secuencias temporais e puzles, ademais das actividades interactivas.
No segundo trimestre traballouse a alimentación sana, cun conto sobre ela, unha presentación onde se mostran os alimentos saudables e os que non o son, a elaboración dunha pirámide alimenticia utilizando folletos dos supermercados e rematando coa elaboración de galletas saudables feitas con plátano, avena, froitos secos e chocolate negro.
Para rematar, traballaremos os hábitos saudables elaborando un xogo de Memory sobre este tema con tarxetas sobre o baño, o cepillado de dentes, o aseo diario…, actividades interactivas e dedicaremos unha sesión a facer o noso propio xabón. Tamén iniciarémonos na importancia de axudar na casa con actividades relacionadas con tarefas sinxelas, como poñer a mesa, facer a cama, recoller as nosas cousas…





martes, 24 de abril de 2018

Obradoiro da linguaxe


Ao longo deste curso, o especilista de Audición e Linguaxe, en colaboración coa titora e o departamento de orientación, levou a cabo uns obradoiros de estimulación da linguaxe, centrados principalmente na lectoescritura. O obxectivo é previr e detectar posibles dificultades no inicio do proceso lectoescritor. Iniciouse no primeiro trimestre con actividades e xogos de construcción de palabras (aforcado, sopa de letras, deletreo, forma palabras, ...) No segundo trimestre afianzouse coa lectura de palabras e construcción de frases, mediante exercicios interactivos individuales na aula de informática. E por último, no terceiro trimestre, estamos a traballar a lectura de contos, expresión oral e escrita e dramatización.

martes, 7 de febrero de 2012

Había una vez un circo

Os animais se desprazan

Repaso de coñecemnto

REPASO DE COÑECEMENTO




_O corpo está formado por:
    Cabeza,tronco e extremidades
 Debemos coidar o noso corpo para estar sans.
_Temos cinco SENTIDOS:
Vista,oído,olfacto,gusto e tacto.
   


Os alimentos teñen orixe  vexetal,animal e mineral.



Os días da semana son 7 :luns,martes,mércores,xove,venres,sábado e domingo.
As estacións son 4: primavera,verán,outono e inverno.
Os meses do ano son 12: xaneiro,febreiro,marzo,abril,maio,xuño,xullo,agosto,setembro,outubro,novembro e decembro.







OS ANIMAIS
Polo que comen poden ser carnívoros se comen outros animais ou herbívoros  se comen plantas.
 Por como se desprazan poden facelo con patas,ás e aletas.
Por como nacen poden ser vivíparos se nacen da barriga ou ovíparos se nacen dun ovo.
Por como viven son domésticos se viven coas persoas ou salvaxes se viven en liberdade.


Hai 6 grupos de animais:
Mamíferos,aves,peixes,anfibios,réptiles,insectos.




Partes dunha planta:
Raíz,talo ou tronco
Follas

As plantas son sere vivios:nacen,medran,aliméntanse e morren.

Milagrosa 18-19