Obradoiro
de Autonomía e Hábitos Saudables
Neste
obradoiro traballamos diversas temáticas:
En
primeiro lugar a autonomía, ensinándolles a preparar a súa roupa para vir ao
cole, a mochila, gardar o pixama... Ademais, aprenderon a poñer o mandilón ao
chegar ao colexio e colgar o seu abrigo no lugar correspondente.
Para
iso elaborouse unha presentación e diversas actividades relacionadas coa mesma,
como secuencias temporais e puzles, ademais das actividades interactivas.
No
segundo trimestre traballouse a alimentación sana, cun conto sobre ela, unha
presentación onde se mostran os alimentos saudables e os que non o son, a
elaboración dunha pirámide alimenticia utilizando folletos dos supermercados e
rematando coa elaboración de galletas saudables feitas con plátano, avena,
froitos secos e chocolate negro.
Para
rematar, traballaremos os hábitos saudables elaborando un xogo de Memory sobre
este tema con tarxetas sobre o baño, o cepillado de dentes, o aseo diario…,
actividades interactivas e dedicaremos unha sesión a facer o noso propio xabón.
Tamén iniciarémonos na importancia de axudar na casa con actividades
relacionadas con tarefas sinxelas, como poñer a mesa, facer a cama, recoller as
nosas cousas…