lunes, 3 de diciembre de 2018
domingo, 3 de junio de 2018
domingo, 6 de mayo de 2018
viernes, 4 de mayo de 2018
OBRADOIRO EMOCIÓNS E HHSS
Nesta sesión seguimos
traballando a Tolerancia; leemos o conto
de “Topito Terremoto” de Anna Llenas e fixeron etiquetas poñendo o que mais
lles gusta dos compañeiros que están sentados ao seu carón (esquerda e dereita). Na vindeira sesión seguiremos facendo actividades co persoñaxe de
Topito e leeremos as etiquetas para que
todos coñezan que cousas positivas ven os demáis neles , as colgaremos
nun tendal con pinzas no corcho.
viernes, 27 de abril de 2018
OBRADOIRO DE AUTONOMÍA E HÁBITOS SAUDABLES
Obradoiro
de Autonomía e Hábitos Saudables
Neste
obradoiro traballamos diversas temáticas:
En
primeiro lugar a autonomía, ensinándolles a preparar a súa roupa para vir ao
cole, a mochila, gardar o pixama... Ademais, aprenderon a poñer o mandilón ao
chegar ao colexio e colgar o seu abrigo no lugar correspondente.
Para
iso elaborouse unha presentación e diversas actividades relacionadas coa mesma,
como secuencias temporais e puzles, ademais das actividades interactivas.
No
segundo trimestre traballouse a alimentación sana, cun conto sobre ela, unha
presentación onde se mostran os alimentos saudables e os que non o son, a
elaboración dunha pirámide alimenticia utilizando folletos dos supermercados e
rematando coa elaboración de galletas saudables feitas con plátano, avena,
froitos secos e chocolate negro.
Para
rematar, traballaremos os hábitos saudables elaborando un xogo de Memory sobre
este tema con tarxetas sobre o baño, o cepillado de dentes, o aseo diario…,
actividades interactivas e dedicaremos unha sesión a facer o noso propio xabón.
Tamén iniciarémonos na importancia de axudar na casa con actividades
relacionadas con tarefas sinxelas, como poñer a mesa, facer a cama, recoller as
nosas cousas…
martes, 24 de abril de 2018
Obradoiro da linguaxe
Ao longo deste curso, o especilista de Audición e Linguaxe,
en colaboración coa titora e o departamento de orientación, levou a cabo uns
obradoiros de estimulación da linguaxe, centrados principalmente na lectoescritura.
O obxectivo é previr e detectar posibles dificultades no inicio do proceso
lectoescritor. Iniciouse no primeiro trimestre con actividades e xogos de
construcción de palabras (aforcado, sopa de letras, deletreo, forma palabras,
...) No segundo trimestre afianzouse coa lectura de palabras e construcción de
frases, mediante exercicios interactivos individuales na aula de informática. E
por último, no terceiro trimestre, estamos a traballar a lectura de contos,
expresión oral e escrita e dramatización.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
MAKING FACES WITH FRUITS AND VEGETABLES
ARTS AND CRAFTS : Watch the video
-
Después de hacer nuestro murciélago para Halloween, todavía tuvimos un ratito para bailar al ritmo de la canción GHOSTBUSTERS. WE REALLY EN...